martes, 9 de noviembre de 2021

Os moitos camiños a Santiago (1500-1800)


Ahora que se han puesto de modo tantas actividades «virtuales», ¿por qué no re-escuchar algún concierto al que hayamos asistido y casi disfrutarlo como si estuviéramos en la sala?

Estas son las notas al programa que escribí para el recital de Soledad Cardoso y José Miguel Moreno que tuvo lugar Via Stellae V Festival de Música de Compostela en julio de 2010, bajo la dirección artística de José Víctor Carou y al que acabo de asistir virtualmente escuchando estas obras gracias a los portales y servidores gratuitos y de pago de Internet.

OS MOITOS CAMIÑOS A SANTIAGO (1500-1800)*

Dende o tempo dos Reis Católicos ata a época de Carlos III, o Camiño de Santiago realizábase partiendo dende diferentes países ou rexións. Había peregrinos que se poñían en ruta desde Castela a Vella ou dende Levante, dende París ou dende Roma, e incluso dende Europa central. O Camiño atraía a personas de toda Europa, e nel non só circulaban os peregrinos, senón as correntes culturais e musicais ás que pertenecían. Este programa resume as escolas e estilos internacionais que se escoitaban a través de «os moitos camiños a Santiago». É un perrecorrido histórico que ilustra os estilos musicais do Renacimiento, Barroco e Romanticismo; estilos de diferentes escolas o países: Francia, Italia, Inglaterra, Alemaña e, por soposto, España. Neste particular camiño musical recoñoceremos as diferenzas de timbre de cada período musical, pois José Miguel Moreno utiliza tres instrumentos distintos: o laúde renacentista, o laúde barroco e a guitarra romántica.

Laud (fotografía e instrumento de la Fundación Joaquín Díez de https://funjdiaz.net)

Da zona de Picardía incluése a canción Tant que vivray de Caludin de Sermisy (1490-1562), un dos compositores máis relevantes da xeración siguiente a Josquin Desprès. Para que os afeccionados puideran gozar de música, compoñíanse dúos ou arranxos de cancions preexistentes e este estilo de composición e de música tivo moito éxito cara a 1550.

Representado ao Renacemento musical español, a canción Dezidle al caballero do vihuelista e compositor Diego Pisador  (c. 1510-c.1557) e o villancico En la fuente del rosel de Juan Vázquez. Coñécense poucos datos da vida de Pisador. Crece que naceu en Salamanca e que tomou as ordes menores cara a 1526. en 1552publicouse o seu Libro de música de vihuela dedicado a Felipe II, que conta con sete libros que inclúen motetes, fantasías, diferencias e cancións como as que se atopan en este programa. O estremeño Juan Vázquez (c. 1500-c.1560) é un compositor ligado á escola andaluza de Cristóbal de Morales e Francisco Guerrero. Os seus xéneros preferidos foron o soneto, a canción e o villancico, estilos máis influidos polo popular.

Diego Ortiz

Italia marcou a música europea, tanto pola súa influencia decisiva na historia dos estilos musicais, como polas súas innovacións na arte da fabricación de instrumentos. Por isto, tan importante é unha cidade como Roma, coas súas igrexas e oratorios, como unha pequena localidade como Cremona, onde a arte dos luthiers deu pasos de xigante durante todo o século XVII. Homenaxeando a estas cidades, escoitaremos o Pasamezzo antiguo de Diego Ortiz (c. 1510-c. 1570) e Si dolce è il tormento de Claudio Monteverdi (1567-1643). Ortiz naceu en Toledo e residiu en Nápoles, onde probablemente faleceu. En 1553 publicouse o seu Tratado de glosas con pezas para viola de gamba e clavicémbalo. Monteverdi é o compositor que mellor representa a transición do Renacemento ao Barroco. 

De Inglaterra non pode ter mellor proposición que a música de John Dowland (1563-1626), un dos cantantes, laudistas e compositores máis importantes do seu tempo. En particular, a escala coa que comenza Flow my tears foi moi imitada e se convertiu nun modelo cando se quería expresar melancolía.

Anna Magdalena y J.S. Bach

«Os moitos camiños a Santiago» prosegue con Preludio e a Alemanda da famosa Suite BWV 1007 de Johann Sebastian Bach. É unha evocación de Erfürt, unha das cidades principais de Turinxia, a región onde Bach naceu. É habitual escoitala no violoncello, pero a beleza desta obra e a súa universalidade é tal que a versión para laúde convencerá a todos. O Preludio e unha presentación da tonalidade con arpexios, escalas e fórmulas que son complicadas dixitalmente. Bach anuncia o colorido e a sonoridade da tonalidade elexida.. A alemanda é a segunda das pezas da suite e contrasta co Preludio. Ademáis se interpretarán dúas arias do Libro de Anna Magdalena Bach : Gib dich zufrieden und sei stille, aria nº 13a BWV 511, e Bist du bei mir, aria nº 25 BWV 508. A cantante Anna Magdalena Wilcke (1701-1760) foi a segunda esposa de Bach , con ela contraxo matrimonio en 1721. A equilibrada combinación da suite BWV1007  coas airas faranos sen dúbida pensar na coñecida frase de Wagner sobre o Cantor de Lepizig: 

«E imposible describir a inmensa riqueza da súa música. a súa naturaleza sublime e o seu valor universal, comparándoa con calquera outra cousano mundo».

Para concluír disponse a un dos compositores españois máis internacionais de todos os tempos, Fernando Sor (1778-1839)). Dende 1813 viviu no extranxeiro, preferentemente en Francia,aínda que pasou algúns anos en Londres e viaxou a Moscova. Foi recoñecido nas tres capitais polos seus ballets, ademáis  de como un excelente guitarrista. Seleccionouse, entre outras pezas, a Introducción e variación sobre a canción Malborough op. 28, unha obra de 1827 que concilia as influencias clásicoas co toque romántico que distinguía a Sor con respecto aos seus contemporáneos. Tamén utilizou arias de ópera como punto de partida das súas obras, como nas Variacións sobre A frauta máxica de Mozart ou Nel cor più non mi sento, sobre unha aria de Paisello. 

* El texto fue originalmente escrito en castellano y traducido al gallego por los responsables artísticos y/o editoriales del Festival.

No hay comentarios:

Publicar un comentario